Todo en ti é poderoso.
Os puños pechados
os versos que agochas no caixón
as rodas gastadas da maleta
as tapas gastadas do teu caderno
as raíces do carballo onde medras
as ganas de bicar o po das trabes do teito
e esa maneira de pisar as pedras da rúa.
Tamén a resaca dun venres na cidade
e os sorrisos que provocas.
Todo en ti é poderoso.
Eu era poderoso en ti.
Carlos Da Aira
Fotografía: Mominho8 / Carlos Da Aira