Nunca permanece
Poesía

Nunca permanece

As paredes están aí, diante dos ollos.
Sempre estiveron aí.

O perfil das sombras proxectadas
muda e non permanece.
Nunca permanece.

E eu nunca sei se é a superficie da pedra,
a potencia da luz
ou as propias formas iluminadas…

Pero non permanece.

Nunca permanece.

Carlos Da Aira
Fotografía: Carlos Da Aira

You Might Also Like...

No Comments

    Leave a Reply

    *

    A %d blogueros les gusta esto: