Fogueira de San Xoán

Noites de cianuro (III) – Apre(he)nder o imposible

Sublimamos –non sen esforzo–
a arte de enlear a sinxeleza,
nós, vermes na fenda da pedra,
morcegos entre resóns xordos
e mestas melodías recorrentes
feridoras coma falsos abrentes.

Atopamos maneiras imposibles
de afastar e achegar as peles
marcándoas con unllas e dentes,
tornando febles, corrompibles
os corpos que nos ouviron clamar,
as linguas que nos axudaron a amar.

Mastigaremos somníferos a eito,
profundaremos nos pesadelos
para aprender a repetir os erros
fuxindo dun simple tempo perfecto,
procurando o veleno, a dose axeitada
que nos restitúa as noites roubadas.

Carlos Da Aira
Fotografía: Carlos Da Aira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*