Soñei un eclipse de sol,
unha aurora boreal
e unha lúa incompleta,
os meus ollos en formol
deformando a espiral
no pánico á tormenta.
Soñei de novo un posible
e algún desexo prohibido
xogando a fuxir da censura
sen achar o pracer crible,
centos de intentos falidos
en fila a tornar en negrura.
Soñeime amando o meu corpo
e lembrei aquilo que son
alén de tantos xuízos alleos
–o adiamento dun morto,
único dono, con ou sen razón,
das miñas eivas e apoxeos—.
Carlos Da Aira
Fotografía: Carlos Da Aira