Luscofusco - horizonte no Festival Internacional Xardíns de Allariz

Noites de cianuro (I)

Volve abrindo as portas
que son mandíbulas, dentes,
a ameaza de trabarme

afogarme nas cordas
dun pentagrama ardente
e o verbo baldío -amarte-

remitir ausencias na tronada
emprazando illamentos,
chapicando a lama da nada
no chumbo do abatemento.

 

Carlos Da Aira
Fotografía: Carlos Da Aira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*