Silvas

Esas batallas

Abrín os ollos ao mundo entre dúas guerras,
disparos cruzados, bostas nos camiños,
ferruxe de loita de clases, lama nas pernas,
o odio como arma, unha fouce como amigo.

Esas batallas son así, duras, sinxelas, lindas,
berce de ideas seguras, ensaio da madurez,
ollarnos as mans e ler liñas infindas,
saber golpear dende a primeira nudez.

Poema e foto: Carlos Da Aira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*