Carlos Da Aira

Carlos Da Aira (Elgoibar, Gipuzkoa, 1972).

Sitúome voluntaria e conscientemente nos extremos da periferia ―vital, xeográfica e poeticamente.
Escribo conscientemente poesía e relato curto aproximadamente dende os 14 anos, pero foi en 2011, tras o meu regreso a Galiza (A Coruña) despois de moitos anos vivindo -e traballando- fóra (Segovia, Catalunya, Madrid), cando comecei a escribir con máis intensidade e a recitar en público con frecuencia.

A outra miña paixón artística, a música tradicional, acompañoume toda a vida. Non só toco a gaita dende que recordo e toquei en varias formacións tradicionais ou folk, senón que fun estudando (e continúo nela) diferentes instrumentos, e durante os meus anos en Catalunya cursei estudos de Música Tradicional, acadando o título de Instrumentista Tradicional na AMTP (Aula de Música Tradicional e Popular da Generalitat de Catalunya).
Actualmente vivo en nunha aldea moi preto de Allariz, vila na que traballo como programador web e xestor de redes sociais en proxectos relacionados directa ou indirectamente coa cultura e o mundo literario.

Dende entón teño participado en numerosos recitais, festivais ou encontros de poesía por Galiza, Portugal, Andalucía, Castela, Estremadura, Santander, Euskadi, Asturias, Cabo Verde ou Xapón.

Dirixo en Allariz, dende 2014, o Poemagosto. Festival Internacional de Poesía e tamén o Ponme un poema! (un roteiro poético-gastronómico por bares da vila cun concerto final), dous eventos anuais organizados a través da Fundación Vicente Risco, da que formo parte dende hai anos como socio e colaborador.

Poemarios individuais publicados:

  • Corpo a corpo (Poética Edições, 2018. Plaquette -en portugués-)
  • Pólvora. Tipos, recomendacións, consellos e advertencias para un tempo de poesía (Ed. La Vorágine, Edición bilingüe galego – castelán).
  • Prender os fachos, compoñer os ósos (Espiral Maior, 2019. XXXIV Premio Cidade de Ourense de Poesía 2018)
  • A guerra era contra nós (Xerais, 2020. VIII Premio de poesía Manuel Lueiro Rei).


Algúns premios que tiveron a ben concederme:

  • 1º Premio no I Concurso de micro-relatos Aira das Letras (Allariz, 2012).
  • Gañador do Poetry Slam Vigo: Edición Especial das Letras Galegas (2015).
  • Accésit no I Certame de Poesía de Enxeñería Sen Fronteiras (2016).
  • Gañador do Slam Poetry do Festival Alguén que Respira (Compostela, 2018).
  • Gañador dos XXVII Xogos Florais María Pita (2018) -adicados á finada matemática galega María
    Wonenburger- co poema ‘Axioma da escolla’.
  • XXXIV Premio Cidade de Ourense de Poesía (2018) co poemario ‘Prender os fachos, compoñer os ósos’.
  • VIII Premio de poesía Manuel Lueiro Rei por ‘A guerra era contra nós’
  • V Premio aRi[t]mar de poesía (2020) al mejor poema publicado en galego en 2019 con el poema ‘Prender os fachos, compoñer os ósos’, incluido en el poemario homónimo.

    Poemas publicados en revistas de literatura e poesía como Elipse, Ínsula, INviable, Poesia a Sul ou Txon Poesia.

    Poemas en antoloxías ou publicacións colectivas:
  • TERRA (Cultura que Une, 2016).
  • Voces del Extremo. Poesía del vínculo (Amargord, 2017).
  • Surad a Poética. Residir. Resistir. Recibir (Palabra de poeta, 2017).
    Ribeira Sacra / Douro (Cultura que Une, 2018).
  • Alguén que respira! (Antoloxía de poetas participantes no festival do mesmo nome en Santiago de Compostela, 2018).
  • Voces del extremo: poesía y harragas (Amargord, 2018).
  • Conmovidas. Abrazos para la paz (Béjar 2019).
  • Trobeirxs do século XXI (editado pola Asociación Cultural Cidade Vella de Compostela co gallo do festival Feito A Man 2019 e baixo a dirección de Anton Lopo).
  • O sangue dos ríos (Câmara Municipal de Fundão, 2019. Antoloxía adicada ó escritor portugués Fernando Namora).

Non sei se un premio pode matar un poeta, pero sei que o silencio si o fai.
Colecciono variantes do meu apelido mal escrito e amósollos a miña nai, que mo deu ben escrito.

Colecciono variantes do meu apelido mal escrito e amósollos a miña nai, que mo deu ben escrito.